ActualidadeVilalba

Vilalba realizará cursos de primeiros auxilios en once parroquias

Por 29 Xuño, 2018Sin comentarios

Cruz Vermella de Vilalba, en colaboración co Concello, celebrará varios cursos de primeiros auxilios en once parroquias dentro do programa O Rural máis vivo.

A formación en primeiros auxilios consistirá en cursos de catro horas cunha parte teórica básica e outra práctica. Os asistentes aprenderán a realizar a reanimación cardiopulmonar, a reaccionar en caso de atragantamento ou a facer curas ante queimaduras.

As parroquias nas que se celebrarán os cursos son Tardade, San Xoán de Alba, Nete, Vilapedre, Torre, Tomán, San Bartolomeu de Insua, Belesar, Codesido, Disgtriz e Santaballa.

Os cursos terán lugar entre o mes de xullo e o de setembro e os que desexen información sobre os mesmos poderán recibila no número 620 218 127.