Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Nova fin de semana tecnolóxica sobre caixas de cambio automáticas organizada por Apaga

Por 1 Maio, 2019Sin comentarios

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza unha nova fin de semana tecnolóxica que terá lugar este sábado, 4 de maio, en Ribadeo.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, anunciou que “o día 4, continuando coas fins de semana tecnolóxicas que levamos facendo desde principio de ano, imos ter un curso de caixas de cambio automáticas, tipo DSG. É un curso avanzado sobre o mantemento e diagnose deste tipo de equipo. Vai ser impartido por un técnico de Madrid, especialista en tecnoloxía de caixas de cambio automático. Son oito horas e vai desenvolverse nas instalacións do hotel O Cabazo, en sesión de mañá e tarde”.

Doural explicou que “son dez prazas e aínda queda algunha. Se hai alguén interesado aínda están a tempo de apuntarse a esta actividade. Hai varias formas de inscribirse, a través da nosa páxina www.apaga.es, a través do correo da asociación apagaribadeo@gmail.com, ou no teléfono de contacto 639 88 49 45. Este curso vai destinado a técnicos de empresa e a profesores e alumnos de formación profesional”.

O presidente de APAGA subliñou que “todos os cursos que se están facendo as fins de semana son abertos, é dicir nos que pode participar calquera, aquel afeccionado ou aquel ao que lle interesa un tema determinado. Está aberto a todo tipo de xente. Son cursos eminentemente técnicos, pero non fai falla ter ningún coñecemento, só as ganas de facelo. Son cursos moi intensivos, dado que son 8 horas nada máis, pero creo que son interesantes para xente que está traballando no sector do automóbil, para aqueles que están impartindo docencia, para ex alumnos, e aquela xente que está interesada pola tecnoloxía do automóbil”.