Skip to main content
Sin categoría

Odaiko presentará o espectáculo Cousas de Catro o vindeiro 18 de xuño en Barreiros

Por 15 Xuño, 2019Sin comentarios

Odaiko presentará o espectáculo Cousas de Catro o vindeiro 18 de xuño en Barreiros. A cita, incluída no programa Cultura no Camiño 2019, correrá a cargo da formación artística Odaiko que presentará o espectáculo teatral-musical dirixido a toda a familia, especialmente para nenos de 3 a 11 anos de idade, titulado Cousas de catro. Terán prioridade, ata completar aforo, os/as alumn@s dos colexios de Barreiros.
Trátase dun musical narrado e escenificado por percusionistas. Xunto con instrumentos do mundo da percusión contemporánea, Sergio Sande, Antonio Ocampo, Juan Collazo e Pepe Varela mesturan a creación, referencias humorísticas, artísticas e tradicionais, máis o efecto sorpresa, destacando sempre a importancia do traballo en equipo.
O espectáculo terá lugar o vindeiro martes, 18 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros a partires das 11:30 horas.