Skip to main content
ActualidadeCervo

Cervo deu a coñecer a organización do novo Goberno

Por 1 Xullo, 2019Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, deu a coñecer a organización do novo Goberno resultante das Eleccións Locais celebradas o pasado 26 de maio.
O propio Villares será o encargado das coordinación das diferentes delegacións divididas por áreas de xestión do seguinte xeito:
Delegación de Facenda, Educación, Cultura e Patrimonio, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: á concelleira Mª Dolores García Caramés.
Delegación de Medio Ambiente Obras e Infraestruturas, Sanidade e Policía Local, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: á concelleira Manuela Méndez Álvarez.
Delegación de Deportes, Turismo, Formación e Emprego, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: ao concelleiro  David Rodríguez Pernas.
Delegación de Réxime Interior, Zona Rural e Protección Civil, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: ao concelleiro Alfredo Antonio Fernández Casas.
Delegación de Xuventude e Ecoloxía, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: á concelleira Denise Galán López.
Delegación de Servizos Sociais e Igualdade e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: á Concelleira Mª Concepción Pilar Armada Carrete.
O rexedor destacou a gran confianza que ten depositada neste equipo “formado por veciñas e veciñas de Cervo con acreditada capacidade de traballo e con moitas ganas de seguir a traballar por este Concello”, e destacou “a aposta por un Goberno activo, participativo, implicado ao 100% e ao servizo da veciñanza de Cervo os 365 días do ano”.
Segundo explicou Villares “quixemos reforzar a política de concienciación ambiental que temos contemplada na nosa estratexia medioambiental coa creación dunha área específica de Ecoloxía “na que incidiremos especialmente en buscar a complicidade e a implicación da veciñanza a través de diferentes campañas de voluntariado enfocadas ao fomento da reciclaxe, ao benestar animal…; impulsando prácticas que favorecen a sustentabilidade ambiental, entre outras iniciativas”. O rexedor precisou que esta área tamén engloba a continuación do plan integral de reforestación con autóctonas nos montes municipais, as campañas de compostaxe doméstica (a día de hoxe máis de 200 familias teñen un composteiro no no seu fogar doado polo Concello) ou as diferentes campañas didácticas de concienciación (visitas as plantas depuradoras, ciclo da auga, Día da Árbore…); entre outras.
Para nós é prioritario traballar en prol da sustentabilidade ambiental –engadiu- “e conseguir esa implicación activa da veciñanza incidindo na conservación e protección da nosa contorna”.
Ademais, a área de Patrimonio, que foi creada no ecuador do anterior mandato, continúa a ter un peso determinante no novo Goberno “porque está demostrado que resultou de gran utilidade para o noso Concello”, aí están, por exemplo, a posta en marcha do Centro de Emprendemento de Sargadelos ou a rehabilitación das Escolas Vellas de Cervo, así como os importantes pasos dados para  lograr a posta en valor do Castro da Atalaia, “que son algúns dos obxectivos polos que decidimos poñer en marcha esta concellería específica que está a dar froitos importantes”.
Os Servizos Sociais, a Cultura, a Educación, o Deporte, a Xuventude, o Emprego ou o Medio Rural volven ser piares fundamentais para a Administración Local.