Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira inaugurará esta fin de semana a área de autocaravanas cunha xuntanza

Por 12 Setembro, 2019Sin comentarios

A Asociación Galega de Autocaravanas celebrará esta fin de semana do 13 ao 15 de setembro de 2019 unha xuntanza aberta á participación de todos os afeccionados a este forma de viaxe. A xustificación desta celebración é o acto de inauguración da nova área de autocaravanas de Meira.

Para amenizar esta inauguración e a xuntaza haberá unha serie de actividades para todos os que queiran participar. Así, o primeiro día, o 13 de setembro, ás 18.00 horas comezará o encontro, na propia área de caravanas.

Ao día seguinte está prevista, para as 11.00 horas, unha visita guiada á igrexa monasterio de Santa María de Meira. Ás 13.00 o alcalde da vila, Antonio de Dios, fará unha recepción oficial en el área de autocaravanas a todos os participantes, que tamén terán pola tarde unha andanina guiada ao Pedregal de Irimia e a área recreativa Profesor Río Barja ata Fonmiñá, un ruta de 9 quilómetros aproximadamente.

A programación finalizará cun concerto de despedida o domingo, ás 12.00 delante do Concello a cargo da Banda Municipal de Música de Meira.