Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Xunta Electoral desestima unha denuncia do PP contra Tomé por unha visita á Mariña

Por 19 Novembro, 2019Sin comentarios

A Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo vén de emitir unha resolución na que rexeita a denuncia que presentou o Partido Popular pola visita que fixo o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o día 17 de outubro aos concellos mariñanos de Ribadeo, Barreiros, Viveiro e Mondoñedo.

Á vista da documentación requirida e das alegacións efectuadas, a xuíza determinou que “non se aprecia a existencia inequívoca de indicios de irregularidade que teñan encaixe na infracción prevista no artigo 50 da Loreg”. Deste xeito,  tumba as mentiras do PP contra o Presidente da Deputación e bota por terra tamén o intento “á desesperada” dos populares “de tapar con denuncias xudiciais os seus malos resultados electorais e a súa falta de proxecto para a comarca da Mariña e para o conxunto da provincia de Lugo”, subliñou José Tomé.

Coa resolución da Xunta Electoral queda demostrado tamén que en ningún momento o Goberno provincial utilizou politicamente a Deputación, senón que se tratou dunha visita institucional dentro da actividade ordinaria do organismo, programada ademais con anterioridade á convocatoria das eleccións xerais.