O Concello de Mondoñedo segue a loitar contra o feismo urbanístio, neste caso coa demolición dun edificio sen uso na avenida das San Lucas.
A empresa adxudicataria das tarefas de destrución para a súa futura conversión nunha zona de esparcemento comezou estes días.
Prevese que nese lugar construase unha zona con xardíns, na que tamén se plantarán árbores autóctonas, que contribuirán a mellora a imaxe da zona, que é moi transitada.