Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro quéixase do estado da auga do suministro

Por 23 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei volveu alertar de novos problemas no subministro de auga nalgunhas zonas do termo municipal.

Segundo indican cada vez que chove con intensidade, a auga da traída presenta unha cor escura e turbidez sendo os propios veciños os que levantan a queixa.

O BNG asegura que mentres esta situación mantense no tempo, “o alcalde segue a tomar decisións políticas onde se contemplan outras prioridades onde manter os cartos antes de abordar dunha vez por todas o problema da auga en Outeiro”.

Dende o BNG invitan a que se compare a calidade da auga de Outeiro coa dos concellos do carón, “onde investindo menos cartos non hai ningún tipo de comparación”.