Skip to main content
Actualidade

O PSOE de Outeiro reclama ao Concello axudas para empresarios e autónomos

Por 14 Abril, 2020Sin comentarios

A voceira Socialista de Outeiro de Rei, Carmen Acacio López, avanzou que defenderá unha moción na vindeira sesión plenaria, na que reclama unha unha liña de axudas para os propietarios de establecementos con domicilio social nesta vila e que sufrion perdas económicas por mor do COVID-19.

Concretamente Acacio demanda na súa proposta “que o Concello habilite unha partida orzamentaria para os profesionais autónomos que tiveran que pechar os seus negocios, ou ben tiveran perdas económicas superiores ao 75%, e tamén para aquelas empresas con domicilio fiscal en Outeiro de Rei que tamén se viron afectadas polo estado de alarma decretado polo Goberno”, sinalou.

Nesa liña reclama ao Concello de Outeiro de Rei “que dentro das partidas económicas coas que conta o Goberno Municipal habilite unha cantidade económica para este colectivo empresarial afectado polo COVID-19, co fin de contribuír a activación económica local. Hoxe en día o comercio local é fundamental nunha vila pequena como a nosa, por iso, agora son máis necesarias que nunca axudas para que todos os comercios e establecementos poidan voltar a abrir as súas portas”, explicou.

A voceira Socialista tamén demandará nesta mesma sesión plenaria que todas as veciñas e veciños poidan realizar o pago do IBI en dúas cotas de xeito extraordinario neste ano, por mor da situación de alarma actual e para facilitar ás familias o pago destes recibos.