Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O Goberno acondicionará un aparcadoiro en Mondoñedo

Por 2 Abril, 2020Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou que o  Ministerio de Transportes, a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, financia o acondicionamento dun aparcamento público en Mondoñedo.

Isabel Rodríguez destacou que “este é un bo exemplo da colaboración e lealdade institucional do Goberno de Pedro Sánchez, que dá prioridade ao interese público por riba de calquera outra consideración”. A subdelegada explicou que “o Ministerio de Transportes investirá 128.120 euros (IVE incluído) neste proxecto promovido polo Concello de Mondoñedo tal como lle comuniquei ao alcalde, ao que chamei esta mañá”.

O Ministerio de Transportes adxudicou a obra á empresa Proyecon Galicia SA, que foi seleccionada entre as 5 ofertas presentadas, e xa formalizou o contrato, tal e como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado.

A obra consistirá no acondicionamento de tres parcelas situadas na travesía Casas Novas  para habilitar una zona de estacionamento de vehículos nas inmediacións do Caso Histórico de Mondoñedo. O proxecto ten por obxecto facilitar unha alternativa de aparcamento próxima ao centro para evitar que os vehículos aparquen nas rúas do Conxunto Histórico mindoniense.

A intervención farase co menor impacto visual posible e inclúe o axardinamento e plantación dos espazos libres con especies de árbores autóctonas, así como a instalación de alumeado público e recollida de pluviais. Tamén inclúe a instalación de sinalización vertical de información, desde os accesos á cidade ata o aparcamento, así como de regulación da circulación no interior do mesmo, que será nunha única dirección.