Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

En marcha as obras de mellora do Ceip Gregorio Sanz de Ribadeo

Por 1 Xullo, 2020Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular en Ribadeo, Daniel Vega, destaca que están en marcha as obras de mellora no Ceip Gregorio Sanz de Ribadeo e asegura que seguirá “xestionando e traballando de cara á súa rehabilitación integral” na procura “das mellores instalacións para o colexio público ribadense”.

“As actuacións que se atopan agora en marcha no centro educativo financiadas cunha achega de 40.000 euros por parte do Goberno galego, forman parte do proxecto de rehabilitación integral do colexio público ribadense; pero foron atendidas de inmediato ao consideralas prioritarias”, explica. 

Daniel Vega avanza que “seguiremos escoitando as propostas que trasladen tanto dende a dirección do centro como dende a ANPA, é dicir, tódolos pais e nais dos alumnos do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo”.

Accesibilidade e acondicionamento xeral

“As obras que se están levando a cabo no colexio público ribadense consisten na instalación dun ascensor en substitución do actual montacargas que permitirá mellorar a accesibilidade do centro”. Esta actuación completarase coa mellora da canalización dos aseos da área de Educación Infantil e do teito do edificio.

Concretamente, o voceiro do PP ribadense sinala que “os traballos consisten na construción dun espazo para a instalación do ascensor”; pero tamén na renovación “da canalización dos aseos da zona de Educación Infantil de cara á eliminación de malos olores”. E, atendendo tamén ás filtracións que se producen no tellado do centro, as actuacións incluirán a súa reparación e a rehabilitación das zonas con humidades.