Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP cre que o alcalde danou a imaxe de Foz coas súas declaracións

Por 15 Xullo, 2020Sin comentarios

Os responsables institucionais teñen que saber poñer o interese común por enriba dos de partido ou dos intereses electorais. É algo que non soubo, ou non quixo, facer o alcalde de Foz, o socialista Francisco Cajoto, que, a xuízo do PP, danou seriamente a imaxe deste municipio ao utilizar electoralmente o brote de covid-19 na Mariña. 

O portavoz municipal do PP en Foz (portavoz provincial dos populares), Javier Castiñeira, sinala: “O grupo municipal do Partido Popular cre ridícula, moi lamentable e sobre todo moi daniña para a imaxe de Foz, a actuación do alcalde nas últimas semanas con respecto ao brote de covid-19 na Mariña.e especialmente no concello de Foz. Os intereses electorais do señor Cajoto levárono a cometer un erro de principiante, un erro que está prexudicando  a moitísimos comerciantes e hostaleiros: na época na que debemos coidar moito a imaxe do noso pobo, o alcalde dedicouse  precisamente a facer o contrario: a danala creando alarmismo sanitario, que o máis grave  que se pode facer nunha poboación”. Castiñeira acusa a Cajoto “de xogar cos intereses de moita xente que tiña, e aínda ten, a esperanza de que o verán, a pesar de ser atípico,  puidera solventar os momentos críticos que pasamos con esta crise sanitaria  que desencadea unha crise económica.

Para o portavoz dos populares, “as declaracións do alcalde son totalmente inoportunas, debidas única e exclusivamente a fins políticos e electorais; tratou de  defender os intereses do PSOE por riba dos de comerciantes e hostaleiros, diante dos que agora tenta  facer un lavado de imaxe”.

Castiñeira sinala: “O alcalde non cumpriu co seu deber, que é defender os intereses do pobo; dende o PP instamos a Cajoto a pedir perdón pola situación que creou. Sabemos que comerciantes e hostaleiros están moi  enfadados por isto; sabemos que lle pediron un cambio de actitude e unha campaña para que retorne toda a xente que confía no noso pobo para disfrutar  das súas vacacións, para vivir e para investir”. Castiñeira, di que, en resumo, o PP denuncia “a mala xestión neste caso e a manipulación  que o alcalde intentou facer por motivos electorais da crise da covid-19 neste concello”.