Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo abre o período de solicitude de praza da escola infantil municipal

Por 28 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo abre mañá mércores, 29 de xullo, o prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza e novo ingreso da Escola Infantil municipal, sita no edificio da Casa do Mar, en San Cibrao.

As familias interesadas teñen ata o 19 de agosto para formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina. Os impresos estarán tamén dispoñibles na Casa da Cultura e na Casa do Concello.

A edil de Educación, Dolores García Caramés, recorda que o centro conta na actualidade con 54 prazas, logo da ampliación realizada recentemente; e precisa que desde este departamento en coordinación co cadro de persoal “estamos xa a traballar nos protocolos de prevención do COVID-19 que se aplicarán no vindeiro curso para garantir a seguridade dos nenos e das nenas e do persoal docente; e apunta que as familias serán informadas puntualmente dos procedementos a seguir e das medidas a tomar.