Os xardíns Noriega Varela de Viveiro acollen unha exposición ao aire libre de imaxes do fotógrafo Philippe Plisson.
A mostra titúlase Vivir o mar’ e poderase visitar ata o día 25, son 35 paneis con imaxes e textos entre as que hai imáxenes de todas as latitudes pero sempre enmarcadas na mar.
Esta é unha iniciativa impulsada por Afundación, a Obra Social de Abanca, Lunwerg Editores e o Concello de Viveiro.