Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Javier Bolado presenta en Cervo a súa última obra

Por 19 Agosto, 2020Sin comentarios

Casa da Cultura de San Ciprián acolle este xoves ás 20:30h a presentación do libro Tratado sobre la extinción de Javier Bolado.

Na súa última obra o autor vasco aborda unha historia de suspense con tintes conspiranoicos, que viaxa a través de distintas cidades do mundo a un ritmo vertixinoso e remata confluíndo deixando atrás un regueiro de cadáveres.

Anteriormente tiña publicado Huellas Genitales (1995), El coleccionista de Cajas (2000), La volea esmachada de espaldas (2008) y La desaparición de los murciélagos en Norteamérica (2014).

Para a Delegada de Cultura, Dolores García, “é un pracer poder acoller a presentación deste libro, pois no Concello de Cervo apostamos pola celebración de programas e actividades que teñen como fin a implicación lectora durante todo o ano”. A concelleira recalca tamén que para a celebración do evento se levarán a cabo todos os protocolos de hixiene e se tomarán todas as medidas seguridade para que o evento transcorra con normalidade.