Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Club Illa Pancha ribadense pide un parque arqueolóxico subacuático

Por 25 Agosto, 2020Sin comentarios

O Club Illa Pancha de Buceo de Ribadeo pediu a declaración da ría como parque subacuático, polo valor dos xacementos e pecios atopados nestas augas.

Devantido parque sería para poder recoñecer e salvagardar estas pezas así como que os buceadores poderían facer visitas organizadas.

O club ribadense presentou o venres pasado un documental Lo que la ría esconde sobre o patrimonio subacuático da ría de Ribadeo e onde se poden atopar restos afundidos que narran historias de tempos pasados. Ao longo do documental varios expertos, en colaboración coas asociacións de mergulladores da zona, mergúllanse para estudar e analizar estes restos, en constante perigo de espolio.