Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Executadas obras de aglomerado na parroquia de Covelas, Ribadeo

Por 12 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de RIbadeo segue aglomerando as pistas das parroquias. Nesta ocasión tocou a parroquia de Covelas, entre Saa e Marelle cun investimento ascende a máis de 62.000 euros.

Están aglomerando un acceso a explotacións agrícolas de 1.050 metros de lonxitude. Esta obra foi adxudicada a Construcións Cazás.

Do investimento total o 55% provén de fondos europeos, o 25% son de fondos municipais, o 12% son de fondos autonómicos e o 5% son fondos do Estado, do Ministerio de Administracións Públicas.

Nestes días quedarán rematadas estas obras que contemplan non soamente o aglomerado, senón tamén o pintado e poñer uns cordóns de saburra (zahorra) polas marxes, para que logo a circulación de bicicletas ou de ciclomotores non sexa perigosa.