Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Regresa Sanci Tapeando coa degustación de diferentes tapas en 7 locais

Por 1 Outubro, 2020Sin comentarios

Este xoves 1 de outubro regresa Sanci Tapeando coa degustación de diferentes receitas culinarias en 7 locais hostaleiros da vila.

As tapas terán un prezo de 2 euros e haberá premios de dous vales de 180 e 100 euros as mellores fotografías.

A proposta para este primeiro día da nova tempada é degustar un Flamenquín con cebola caramelizada no Café bar O Faro; un Desmigado de peixe no Mesón A Bodega; unhas filloas recheas de ourizo no Café Bar Maruxaina; uns Taquiños de polo con dúas salsas na Cervecería Las Titas e un Bacallau á nata na Terraza O Noso Lar.

A Cervecería O Encontro tamén se suma á iniciativa pero a partir do xoves 15 de outubro incluído.