Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Tolitates de Teatro Marionetas Trécola chega a Burela

Por 2 Outubro, 2020Sin comentarios

A Delegación Municipal de Cultura de Burela, dentro da súa programación cultural, presenta á Cía. Teatro Marionetas Trécola co seu espectáculo Tolitates, que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela o vindeiro  sábado, 3  de outubro as 18.30 horas. A entrada será libre.

Tolitates, movido por unha atración se cadra máis tola ca él, sáltase todas as sinais de perigo e escapa da cordura , sen pensar que pode sempre haber alguén máis transgresivo ca él. Un persoeiro que irá atopando situacións e persoaxes absurdas que loitan polo protagonismo nas táboas dun teatro.

Un gran elenco informal e atolondrado que mostra pouco siso e seriedade no modo de actuar, leva ao público á gargallada contínua sen precisar mediar palabra.

Preséntase unha técnica moi novedosa de manipulación mesturando teatro de obxectos, marionetas de fíos, bunraku e guiñol. Revalorízase os títeres e obxectos como protagonistas da dramaturxia, obviandoas palabras fronte á pantomima e a música nun escenario máxico e cheo de segredos no que non se adivina a figura do titititeiro.

A obra está adicada a tódolos públicos e esta representación conta co patrocinio da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia a través da AGADIC.