Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Piden ao Goberno ribadense que mellore a seguridade no aparcadoiro de Alfredo Deaño

Por 2 Outubro, 2020Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo alerta de que nos últimos días se produciron novos desperfectos e roubos de combustible no aparcadoiro de camións de Alfredo Deaño. Esta non é a primeira vez que os populares se ven na obriga de denunciar esta situación publicamente, indicando que estes sucesos deberían “de facer pensar” ao goberno local e desenvolver un plan que mellore a seguridade nesta zona e dotala de máis luminosidade.

Os populares demandan así á entidade local que artelle medidas específicas neste senso, xa que se trata, ademais, do único lugar no que os profesionais do transporte poden estacionar os seus vehículos. Por outra banda, Elena Sierra, advirte dunha circunstancia que pode facer empeorar a situación, como é a chegada do inverno e, en consecuencia, a redución das horas de sol.

“Cada vez faise antes de noite polo que a inseguridade aumenta e a iluminación publica existente neste aparcadoiro é escasa. Son dous factores, di, que favorecen, como resulta evidente, que os roubos aumenten, así como os destrozos”, sentencia.