Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O teatro volve a Ribadeo da mán da obra ‘Juguetes rotos’ de Carolina Román

Por 3 Outubro, 2020Outubro 6th, 2020Sin comentarios

O teatro volve a Ribadeo da mán da obra Juguetes rotos de Carolina Román.

Este espectáculo ofrécenos a dous grandes actores, Nacho Guerreros, o coñecido Coque da popular serie televisiva La que se avecina e Kike Guaza.

Será o 11 de outubro ás 20.00 horas no auditorio municipal Hernán Naval e as entradas poden mercase na web ataquilla.com.

A obra trata sobre Mario, traballador nunha oficina, que recibe unha chamada que lle cambiará a vida para sempre…..A partir dese momento os espectadores viaxarán á súa infancia, habitarán a súa casa, percorrerán o seu pobo. Pinceladas en branco e negro que truncarán a súa identidade sexual e de xénero. Como a de tantos outros…