Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

En marcha a segunda edición da moeda local ribadense, pancha

Por 3 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Ribadeo en colaboración con Acisa, a Deputación de Lugo e ABanca pon en marcha a segunda edición da pancha, a moeda local para dinamizar a economía local e dar liquidez aos sectores máis afectados pola crise sanitaria da covid-19.

A novidade deste 2020 é que a pancha tamén poderá empregarse na hostalería, ademais de no comercio e no sector servizos. A campaña desenvolverase do 9 de outubro ao 1 de decembro. Son 150.000 euros os que se moverán cos 3.700 packs de panchas que se poderán canxear.

Con esta proposta por cada 30 euros as persoas interesadas recibirán 40 panchas en moeda local para gastar nos locais participantes. Os 10 euros que se aforran son subvencionados polo Concello de Ribadeo.

Con esta campaña búscase fomentar as compras no pequeno comercio e na hostalería para inxectarlles liquidez e continuar a sementar conciencia sobre esa importancia de consumir en clave local, pois o poder do consumo local.

O prazo de inscrición para estes establecementos será dende o 23 de setembro ao 5 de outubro. Os interesados en participar poderán atopar máis información e as bases de participación na páxina web https://panchamoedalocal.ribadeo.org.

As persoas consumidoras terán para gastar as panchas desde o 9 de outubro ata o 1 de decembro e deberán compralas na entidade de ABanca desde o mesmo 9 de outubro.