Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Mañá dará comezo a folga indefinida dos traballadores de Alcoa

Por 3 Outubro, 2020Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao vén de comunicar os termos da folga que dará comezo o domingo 4 de outubro ás 6.00 horas.

Nesta folga, que ten carácter indefinido, de momento tan só se están a negociar os servizos mínimos por 48 horas polo que se irán actualizando en función da evolución da situación.

Os obxetivos desta folga son que non se paren as cubas que non sexan de emerxencia e que tan sí se fabrique placa de gran tamaño sen alear.

A empresa decidiu unilateralmente prolongar a xornada intensiva ata o 31 de decembro, nos seguintes termos: dende o luns 5 ao 9 de outubre continuarase en horaio de 8 a 15 horas. A partires da seguinte semana o horario será de 7.30 a 15.30 horas.

Así mesmo, a empresa ten prevista a apertura do comedor en tres fases, a primeira será de servizo de comida para levar é unicamente para a quenda saínte de mañá e previa reserva. A segunda fase será de comedor presencial para a quenda entrante e o de levar para saír, e a terceira fase será de comedor presencial para todo o persoal pero limitando o aforo e establecendo horarios.

Por outra banda, os traballadores da factoría e das empresas auxiliares que están de garda nas saídas da fábrica permitiron onte a saída de varios camións con hidrato, elemento imprescindible para as farmacias e tamén para as plantas depuradoras.

Trátase dun produto básico por iso é polo que os reténs permiten a saída de varios camións con destino a diferentes puntos de España, os demais transportes con aluminio elaborado continúan retidos.

Os traballadores que permanecen facendo garda en San Cibrao recibirán o vindeiro luns pola mañá a visita da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.