Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A axenda cultural de Burela de outubro inclúe teatro e música

Por 6 Outubro, 2020Sin comentarios

A axenda cultural de Burela para o mes de outubro inclúe unha ampla variedade de actividades.

Así, o sábado 10 poderase desfrutar do concerto de Roi Casal ás 21.00 horas no auditorio municipal e o domingo 11 ás 18.30 horas de Luis Vallecillo e o seu espectáculo Cantamos?.

O sábado seguinte, o día 17, será a representación teatral Bernarda a cargo de Malasombra teatro ñas 20.30 horas, e o sábado 24 poderase desfrutar do monólogo Divina de Ledicia Sola.

As entradas serán de balde agás para Bernarda e Divina que terán un prezo de 4 euros.