Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os oficios tradicionais serán os protagonistas das rutas de artesanía da Mariña lucense

Por 6 Outubro, 2020Sin comentarios

Os oficios tradicionais serán os protagonistas das rutas de artesanía da Mariña lucense preparadas para o mes de outubro.

Trátase dunha serie de itinerarios cuxos principais protagonistas son os artesáns e a través de las poderase coñecer os seus obradorios, e ver os seus oficios.

O venres 9 de outubro será a Rutda das Rediras Cabo Burela que dará comezo ás 17 horas cunha visita ao barco museo Reina del Carmen, e despois á asociación Cabo Burela.

O sábado 10 poderase ver o Espazo Caritel, que dará comezo ás 10.30 horas coa visita á basílica de San Martiño de Mondoñedo, e ás 11.40 ao Espazo Caritel, acto seguido farase un paseo polo porto pesqueiro de Foz con Noela Feal.

O domingo 11 tocará a ruta dos Asteleiros Fra que comezará ás 10.30 horas e despois farase un percorrido pola península da Paz guiado tamén por Noela Feal.

O venres 16 tocará Mondoñedo e a súa Ruta dos Muiños ás 17 horas poderase visitar ós alfares Os artesáns do Pasatempo e O alfar de Mondoñedo despois ao canteiro Vilariño, e máis tarde ás 18.45 haberá unha explicación do resto de artesáns e unha visita guiada ao casco histórico mindoniense.

O sábado 17, coa Ruta dos Ferreiros, Riotorto cobrará protagonismo ás 10.30 horas coa visita á forza de Jomaca, e despois unha ruta de 2,5 km a pé con Noela Feal. A media mañá visitarase o rehabilitado conxunto etnográfico Mazo de Ferreiravella, o cal conta cun restaurante para o xantar.

Por último, o domingo 18, poderase visitar ás 10.30 horas o complezo Regal Xunqueira e ás 11.45 horas será a ruta fluvial polo paseo Alcalde Cerdeiras. Máis tarde farase un paseo guiado polo casco histórico de Viveiro e a presentación da audioguía ficcionada Conversas nun Viveiro Fantástico.