Skip to main content
ActualidadeViveiro

‘O mozo da última fila’ estará no Pastor Díaz de Viveiro

Por 12 Novembro, 2020Sin comentarios

'O mozo da última fila' estará no Pastor Díaz de ViveiroO sábado 14 de novembro segue a programación cultural, Redrum Teatro coa obra, O mozo da última fila, que será no Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas.

A reserva de entradas será de xeito telefónico chamando ao 982 560 162 ou no enderezo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, de luns a xoves.  Este espectáculo terá un aforo máximo de 30 persoas.

A obra trata sobre Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Desde a súa estrea en 2006, O mozo da última fila leva 26 producións por todo o mundo e foi adaptada ao cinema por François Ozon, con guión do propio Mayorga e co título “Dans la maison”, Concha de Ouro no Festival de San Sebastián en 2012. A obra foi escollida en 2018 dentro do plan de fomento á lectura en varios institutos de secundaria.