Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O TSXG fixou data para o xuízo pola demanda contra o despedimento de Alcoa

Por 13 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O TSXG fixou data para o xuízo pola demanda contra o despedimento de Alcoa (1)O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) fixou para o vindeiro xoves 3 de decembro o xuízo pola demanda contra o despedimento colectivo dos traballadores de Alcoa San Cibrao.

Ambas partes foron citadas ás 9:15 horas ao acto de conciliación e en caso de non haber acordo, o acto de xuízo comezará ás 9:30 horas. De executarse o despedimento afectaría a 524 traballadores da planta de aluminio.

Esta demanda trátase dunha nova acción xudicial depois de ser aceptadas as medidas cautelares de modo que impiden á multinacional que pare as cubas de electrolisis, pero permítenlle levar adiante os despedimentos.