Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Mariña Patrimonio presenta o libro ‘Contrahistorias de Galicia’

Por 26 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Mariña Patrimonio presenta o libro 'Contrahistorias de Galicia'No marco das actividades online programadas por Mariña Patrimonio, o vindeiro 27 de novembro terá lugar a presentación do libro Contrahistorias de Galicia, do autor mindoniense Antonio Reigosa.

Contrahistorias de Galicia é un libro singular, con textos breves e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, no que Reigosa recolle datos curiosos sobre diferentes personaxes, uns coñecidos e outros “esquecidos e ignorados pola historia oficial”, en palabras do propio autor.

Nestas contrahistorias, ademais do torque de Burela, atopamos tamén personaxes da Mariña como Eustorgia Acebo, Antonia Díaz Pérez ou o Merlín de Cunqueiro.

Na actividade, que se poderá seguir a partir das 19.30 a través do facebook de Mariña Patrimonio, intervirán o autor Antonio Reigosa, a ilustradora Rita Gutiérrez e mailo editor Miguel Noval.