Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Mariña Patrimonio prepara unha ‘Conversa arredor de Seoane e Díaz Pardo’

Por 7 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Mariña Patrimonio prepara unha 'Conversa arredor de Seoane e Díaz Pardo'Seguindo co ciclo de actividades online programadas para 2020 por Mariña Patrimonio, o colectivo organiza unha conversa entre o historiador Ramón Villares e o xornalista Ernesto Sánchez Pombo arredor de Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo, ao fío do epistolario que mantiveron ambos persoeiros e que recentemente dixitalizou o Consello da Cultura Galega, coincidindo co centenario do nacemento de Díaz Pardo.

A actividade, Conversa arredor de Seoane e Díaz Pardo, terá lugar o vindeiro sábado 12 de decembro e poderá seguirse na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio a partir das 19.00 horas.