Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXARibadeoViveiro

Viveiro e Ribadeo ceden unha carpa aos centros de saúde para non agardar á intemperie

Por 8 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Viveiro e Ribadeo ceden unha carpa aos centros de saúde para non agardar á intemperieO Concello de Viveiro colabora co centro de saúde, atendendo a petición realizada e facilitándolle unha pequena carpa para poder realizar as probas de antíxenos da Covid-19 sen ter que acceder ao interior das instalacións.

Coa instalación desta carpa, colocada na entrada de urxencias, evitarase que as persoas que deban facer estas probas teñan que acceder ao interior do centro, evitando dalgunha maneira un maior risco de contaxio.

Estas probas de antíxenos realízanse por orde médica e con cita previa a persoas que presenten sintomatoloxía.

Por outra banda, en Ribadeo propuxose tamén a instalación temporal dunha carpa diante do centro de saúde para que a xente que acode a realizar analíticas a primeira hora da mañá non teña que agardar na rúa á intemperie nos meses do inverno. Son moitos os veciños que amosaron a súa preocupación por ter que agardar no exterior do centro de saúde con xeada, chuvia, frío, etc…, desde a entrada en vigor dos protocolos covid.