Skip to main content
ActualidadeCospeitoSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Asubíos da Chaira fará o seu festival de Nadal de forma virtual

Por 14 Decembro, 2020Sin comentarios

Asubíos da Chaira fará o seu festival de Nadal de forma virtualO grupo musical tradicional cospeités Asubíos da Chaira celebrará este ano o seu Festival de Nadal pero nesta ocasión será a través das redes sociais debido á situación sanitaria.

A cita será o venres 18 de decembro e dará comezo ás 20.00 horas. Dividirase en 3 concertos diferentes comenzarando co grupo dos Asubiíños. Unha hora máis tarde tocarán Pre – Asubíos da Chaira para finalizar, ás 22.00 horas, co grupo de adultos.

Todos os directos serán retransmitidos a través da páxina de Facebook, e para velos só non hai requisito ningún.