Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Castro, solicita que se cubra a praza do conserxe do colexio

Por 29 Xaneiro, 2021Febreiro 13th, 2021Sin comentarios

O BNG de Castro de Rei solicitará ao concello que cubra a praza de conserxe do colexio público de Castro Ribeiras de Lea, que leva vacante desde a xubilación do anterior. A concelleira e portavoz do BNG, Digna Lagarón, afirmou que “este ano, debido á aplicación dos novos protocolos sanitarios derivados da crise sanitaria, a figura do conserxe volveuse moito máis importante que nos cursos anteriores”,

 “Desde o Concello ten que cubrirse esta praza para garantir o correcto desenvolvementos dos protocolos sanitarios”, afirmou a portavoz nacionalista, que engadiu “desde o Concello non se pode mirar cara outro lado, a complexidade da situación sanitaria require que esta situación se trate con toda a seriedade e a celeridade posíbel”.

 Digna Lagarón afirmou que “desde o BNG solicitaremos ao Concello que solucione este problema no menor tempo posíbel”. “O Concello ten a obriga de garantir o bo funcionamento dos servizos públicos, especialmente na situación de pandemia pola que estamos a atravesar”, sentenciou Digna Lagarón