Skip to main content
Ribadeo

Comeza unha campaña para esterilizar os gatos das rúas de Ribadeo

Por 22 Febreiro, 2021Sin comentarios

Un grupo de voluntarias e voluntarios e dúas clínicas veterinarias iniciarán unha campaña de esterilización para ter controladas as colonias de gatos que hai nas rúas, nunha iniciativa da a Área de Medio Ambiente de Ribadeo.

O obxectivo da campaña é ter controladas estas colonias de gatos, que hai en varias localizacións da vila. A Concellaría de Medio Ambiente encargarase da parte económica.

O proceso comezará nunhas zonas ou focos concretos, que están máis masificadas. Procederase a collelos, a esterizalos e a identificalos para facer un censo e despois devolvelos ao seu  hábitat, e así controlar tamén a súa reprodución.

Voluntarios que levarán a cabo a esterilización