Skip to main content
Ribadeo

Apaga firma un convenio para formación cos gardas civís

Por 26 Febreiro, 2021Sin comentarios

Firma do convenio entre Apaga e a asociación de Gardas Civís

A delegación en Galicia da Asociación Española de Guardias Civiles e Asociación de Profesores de Automoción de Galicia acaban de asinar un convenio en Ribadeo relativo á oferta formativa de Apaga e para compartir recursos. 

Germán Vale, o delegado da AEGC, agradeceu á Apaga “a dispoñibilidade que tivo coa Asociación Española de Guardias Civiles en Galicia para poder formar parte dos seus cursos de formación. Puxémonos en contacto con eles porque coñecemos a gran oferta formativa que teñen. Esperamos ter unha colaboración estreita a partir de agora”.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, dixo: “temos que agradecer á Asociación Española de Guardias Civiles a oportunidade que nos dan de ir incorporando outros colectivos ás nosas actividades. Desde hai un tempo estamos traballando nese aspecto, de incorporar novos colectivos para aproveitar os recursos que temos nestes momentos. Creo que iso é importante porque como asociación sen ánimo de lucro é un dos fins que debemos poñer en marcha: compartir todo o coñecemento que se está impartindo nos cursos”.

Doural sinalou que “por outra parte, esperamos que se abra unha liña de colaboración por parte da Asociación Española de Guardias Civiles para apoiar a Apaga nalgunha iniciativa formativa porque creo que eles tamén teñen certas cousas que poden compartir con nosoutros. O importante é compartir e que poidamos aproveitar recursos, que moitas veces son escasos, pero o importante é que se poidan ir incorporando tanto á formación presencial como a on line, que veu para quedarse pois a situación que estamos a vivir non se sabe ata onde vai chegar nin o tempo que vai estar así. Os medios que ten Apaga, como a plataforma de formación e os sistemas de vídeo conferencia, poñémolos á vosa disposición para que poidades utilizalos”.