Skip to main content
Axenda Caducada

Apaga organiza un curso de programacións didácticas para oposicións de FP

Por 17 Febreiro, 2021Febreiro 21st, 2021Sin comentarios

Ribadeo acollerá o vindeiro domingo, 21 de febreiro, o primeiro curso de elaboración de programacións didácticas para oposicións de FP, que organiza Apaga (Asociacións de Profesores de Automoción de Galicia).

Dez serán as persoas que reciban esta formación. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “para facilitar a asistencia de todas as persoas anotadas cambiamos a celebración do curso do sábado para o domingo” e indicou que “se trata dun curso, deseñado para xente que se vai presentar a oposicións, sobre o tema de programación, unidades didácticas e todo ese tipo de cuestións”.

Doural lembrou que “a última fin de semana do mes de febreiro, os días 27 e 28, teremos un curso de aerografía. Está aberto a todo o público que queira participar. Imos abordar o tema da aerografía en distintos equipos, como pode ser no automóbil, nas motocicletas, nos monopatíns e ata a utilización da aerografía no corpo humano”. O presidente de Apaga engadiu que “a inscrición para esta actividade formativa, a de finais de mes, aínda está aberta. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao  teléfono 639 88 49 45 ou á páxina web, www.apaga.es.