Skip to main content
Chantada

Chantada reparte máscaras aos veciños maiores de 14 anos

Por 23 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Chantada está a facer un reparto de máscaras entre os seus veciños e veciñas. O reparto comezou este luns e manterase, en principio, ata mediados do mes de marzo.

Para poder recibir este material sanitario requírese estar empadroado en Chantada e ter máis de 14 anos. Entregaranse sete máscaras por persoa: dúas FFP2 e 5 cirúrxicas.

As persoas interesadas en facerse con estas máscaras, totalmente de balde, poden recollelas na entrada do edificio de Servizos Sociais, de luns a venres e en horario de 8.30 a 14.30 horas, presentando sempre o DNI. En caso de non poder acudir, pode recoller as máscaras outra persoa co DNI que corresponda.