Skip to main content
Sober

Pecha o PAI de Sober polo positivo dunha traballadora

Por 3 Febreiro, 2021Febreiro 8th, 2021Sin comentarios

PAI de Sober

O Concello de Sober vén de pechar o Punto de Atención á Infancia polo positivo en covid-19 dunha traballadora. Agora estánselles a realizar as probas PCR a todo o profesorado e alumnado do centro, que se manterá pechado durante o prazo de 10 días por precaución.

Dende o Concello de Sober confirman que “tanto o persoal como os 15 alumnos que estes días asistiron ao PAI están en corentena e á espera da proba” e lembran a importancia de extremar as precaucións e cumprir coas medidas sanitarias en vigor para evitar novos contaxios.

O número de casos diagnosticados nos últimos 14 días no municipio sitúase no rango entre 1 e 9, e “todos eles están en illamento e non revisten gravidade”, segundo fontes municipais.