Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Brusco descenso de casos activos na provincia

Por 7 Febreiro, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo aporta hoxe boas novas na procura de vencer o virus, xa que se produciu un brusco descensos, condicionado novamente polas altas. Así, este domingo os casos activos sitúanse en 1.863, que son 94 menos que onte. Na xornada anterior o ascenso foi de 66.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 88 casos novos (onte foron 81) e as altas chegaron ás 8.815, 184 en 24 horas, o día anterior foron 157. Un novo récord de altas nunha única xornada.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.864 casos rexistrados e 180 persoas falecidas, dúas máis dende onte, dous homes de 80 e 65 anos.

A presión hospitalaria mantense. Nas UCI hai dous casos menos, 28 en total, dous deles na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 67 persoas (os mesmos que onte), 44 no hospital de Lugo (1 máis), 4 na Mariña  e 19 en Monforte. O Polusa volve quedar sen enfermos.

POR COMARCAS

Terra Chá

A incidencia na comarca segue marcada por Vilalba, que aínda que non crece en número de casos non rebaixa tampouco. Preocupa Guitiriz que despois de levar meses cos datos baixos, chega ata 23. Na Pastoriza tampouco superan a situación de todo mantendo unha ducia de casos.

  • Vilalba mantén os 180 positivos de onte
  • Nova subida para Guitiriz, 6 casos máis que onte para chegar a 23.
  • A Pastoriza suma un novo caso ata 11.
  • Outeiro de Rei baixa ata 11 con 6 casos menos.
  • Begonte segue con 16.
  • Castro de Rei rebaixa un caso ata 23
  • Friol retrocede ata 11, restando un positivo.
  • Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes seguen en retroceso con dous casos menos ata 65.

A Mariña

A covid continúa en remisión na comarca convencido de que o peor da terceira vaga xa pasou. Viveiro descende a saltos mentres Xove faino de forma máis paulatina. Tamén O Vicedo parece ter superado o gromo.

  •  Viveiro segue á baixa con 80, 14 menos.
  • Xove rebaixa 2 ata 16.
  • Burela suma un positivo máis e son 26.
  • O Vicedo segue rebaixando e xa son 20 os enfermos, 2 menos.
  • Cervo mantense en 12.
  • Ribadeo mantense en 21.
  • Foz suma 1 caso, e queda en 11 contaxiados.

Centro da provincia

Lugo percibe un importante descenso de casos activos mentres que nos concellos dos arredores a situación empeora. Portomarín entre na listaxe de concellos en vixilancia con 13 casos, tamén se une Guntín.

  • Importante descenso en Lugo en 21 casos ata 406.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 1 menos e 50 en total.
  • Monterroso mantense en 15.
  • Debuta Portomarín na listaxe de concellos afectados con 13 casos.
  • Guntín tamén entra con 11 cosos.
  • Becerreá sobe 2 casos ata os 12 de hoxe.
  • Castroverde mantén 19 en total.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

Sarria segue á baixa con Paradela coa mesma tendencia.

  • Sarria rebaixa a 104 contaxios, 8 menos.
  • Láncara mantén 18.
  • Paradela rebaixa 1 ata 11 casos.

Ribeira Sacra

Monforte e Quiroga certifican dúas baixadas importantes nunha comarca á baixa a nivel xeral pero con algún crecemento lento en concellos como Sober e Taboada.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 195 casos, 16 menos que onte.
  • Quiroga segue en descenso con rebaixa da centena con 79, 11 menos que onte.
  • Importante caída en Chantada rebaixa 9 e xa son 38.
  • Taboada sobe 3 para chegar a 13.
  • O Saviñao rebaixa 3 ata 26 contaxios.
  • Pantón rebaixa a 23, 5 menos.
  • Pobra do Brollón segue con 15.
  • Sober segue con 12 casos.