Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Agader cede ao Concello de Castro dous predios en Bazar

Por 24 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) cedeu ao Concello de Castro de Rei a titularidade de dous predios situados na zona de concentración parcelaria da parroquia de Bazar, non aptos para os fins do Banco de Terras.

Trátase concretamente da finca 345-2 que ten unha superficie de 2.161 metros cadrados inmediata á igrexa e cemiterio parroquial de Bazar. Esta finca xa fora solicitada anteriormente para facilitar a ampliación do cemiterio parroquial.

Igualmente cedeu a titularidade da finca 265-2, de 2.490 metros cadrados situada detrás do teleclub Ignacio Rey-Stolle, na que se celebran comidas veciñais e se utiliza como aparcamento de vehículos, entre outros usos.

Dende o Concello valoraron moi positivamnete a cesión destes dous predios, “en especial do que permitirá aos veciños a ampliación do cemiterio parroquial, unha necesidade que tiñan dende hai tempo e que servirá sen dúbida para solucionar un problema co que moitas parroquias se atopan.