Axenda TERRACHÁXAGuitiriz

Lareira de Soños inicia este sábado un programa de presentacións literarias on line

Por 4 Febreiro, 2021Sin comentarios

Os Vilares Lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG reinician este sábado a programación de novidades desta tempada nas redes para ofrecer as últimas novidades literarias a través do Facebook destas entidades en directo.

O programa #DoTrinque xa programara en anos anteriores a estrea do grupo musical Xardín Desordenado en Guitiriz, o debut do grupo Corredores de sombra en Betanzos ou a presentación do poemario de Emilia Martínez Fuentes Lendas e versos en Vilalba, entre outras.

Agora, programan a presentación en directo polo Facebook da Nova Poesia Guitirica NPG  de diversas novidades literarias que darán comezo o sábado ás 20:00 horas coa presentación do libro Lareira de soños (Edicións Fervenza), de Pastora Veres, unha das impulsoras do proxecto dos Vilares e da NPG. Nese mesmo mes está prevista a presentación da novela da artista e escrítora Luz Darriba (Belagua Edicións) Abril.

No mes de marzo, Os rostros do frío (Edicións Fervenza) de Xulio Pardo de Neyra; Bambán no vento (Fundación  Eomaia) de Hortensia Bautista e do colectivo poético Versos de area de Ponteareas e a artista Aurora Quinteiro; e Non estamos preparados para medrar (Editora Urutau) da poeta da Costa da Morte Teresa Ríos Noya serán as citas previstas.

A programación seguirá en abril con máis novidades literarias ás que calquera se poderá sumar en directo polo Facebook da Nova Poesia Guitirica NPG e posteriormente gravado en diferentes espazos das redes sociais e en YouTube.