Skip to main content
Axenda CaducadaBaleira

A gastronomía e a música protagonizan a nova edición do Concurso de Tapas de Baleira

Por 10 Abril, 2024Sin comentarios

O municipio de Baleira pon en marcha unha vez máis o Concurso de Tapas do Concello de Baleira. A cita, que chega a súa sexta edición e está organizada pola Aosiciación da Hostalaría de Baleira e o Goberno local, terá lugar o vernes 12 e o sábado 13 de abril en horario de 20.00 a 00.00 horas.

Na cita participan catro locais de hostalaría do Concello. Concretamente, os asistentes poderán gozar das propostas gastronómicas do mesón A Marronda, do hotel Moneda, do restaurante Neireo e o bar O Recuncho d’Vane.

Ademais da gastronomía, o programa estará protagonizado pola música pois o venres 12 actuará polos locais participantes a acordeonista Tania Acordes e o 13 amenizará a xornada Toxo Queimado da Asociación Camiño Primitivo.