Skip to main content
Axenda Caducada

Leilía presenta nas Pontes CantarElas

Por 28 Febreiro, 2021Marzo 6th, 2021Sin comentarios

O sábado, 6 de marzo, no Auditorio Municipal Cine Alovi, Leilía celebra o seu 30º aniversario co espectáculo CantarElas.

O espectáculo CantarELAS florece aunando temas emblemáticos, que acompañaron e emocionaron a Leilía e ao seu público nos directos, con temas pouco coñecidos e revestidos co toque actual da banda. Con eles queren celebrar o seu 30º aniversario, e pechar o círculo conectando a orixe coa actualidade, pasando polas diferentes sonoridades do grupo.

CantarElas é unha viaxe a través das melodías, da evolución sonora, dos cambios escenográficos… e un convite a percorrer con Leilía a súa historia, nun espectáculo co que queren agasallar ao público que as acompañou estas tres décadas.

As entrads están á venda en www.tickentradas.com e no teléfono 902 750 754. Tamén se venderán en taquilla do auditorio o sábado, 6 de marzo desde as 17.30 h. (peche de taquilla 15 min. antes do inicio da función)

Esta actuación está recollida no convenio de Rede cultural 2020 asinado coa Deputación da Coruña.