Skip to main content
Vilalba

O PP de Vilalba insta a dotar de abastecemento a dous barrios

Por 27 Febreiro, 2021Sin comentarios

Os populares de Vilalba instan ao goberno local a executar obras para estender a rede de abastecemento de auga ao barrio de Vilate, na parroquia de Lanzós dando resposta á demanda dos veciños da zona onde o anterior goberno xa tiña previsto actuar. Igualmente, os populares piden tamén que se atenda a demanda dos veciños de Bordelle, en Santaballa, para dotalos de abastecemento de auga.

E para sufragar os custes destas obras, o Grupo Municipal do PP propón dirixir os 300.000 euros que quedan liberados despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallara a favor do Concello no caso da demanda da empresa concesionaria do servizo municipal de aguas, Espina y Delfín, que reclamaba que a administración local abonara 700.000 euros. A xustiza deulle a razón ao Concello ao considerar correcta a cuantificación realizada polo anterior goberno local do PP sobre o canon marcado polo servizo e que supoñía 400.000 euros.

Os populares cren que “este diñeiro consignado para o servizo municipal de augas e que agora está dispoñible se debe investir, precisamente, en mellorar a rede de abastecemento e saneamento de augas”.

En relación ao fallo, a presidenta da xestora do PP local, Sandra Vázquez, manifesta que “vén a respaldar a correcta xestión do PP no anterior goberno local en materia de contratos públicos e a favor dos intereses municipais”.