Skip to main content
Mar AMARIÑAXA

Reunión dos representantes da provincia coa autoridade portuaria

Por 4 Marzo, 2021Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe en Celeiro o primeiro encontro institucional co presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo, e outros representantes da entidade, logo de que el  mesmo fora nomeado recentemente conselleiro do organismo en representación da Xunta de Galicia.

Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, participaron tamén o xefe territorial, Pablo Ramón Fernández Asensio; os alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro respectivamente, e Alejandro Rey, director da Autoridade Portuaria.