Skip to main content
Mondoñedo

Volven poñerse en marcha en Mondoñedo os obradoiros Os Muíños

Por 21 Marzo, 2021Sin comentarios

A Oficina Municipal de Turismo de Mondoñedo retomou as actividades dos obradoiros de artesanía de Os Muíños. As persoas interesadas en acudir poden chamar directamente aos responsables de cada taller para inscribirse.

O taller de monicreques, a cargo de Mircromina, impártese de luns a venres, de 11.00 a 13.00 horas e os domingos, de 17 a 19.00 horas (cita previa no teléfono 617 353 140).

Haberá tamén dous de olería, un a cargo de Artesáns do Pasatempo, de luns a domingo, de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 20.30 horas (609 743 164). O obradoiro de olería con As Formas dá Terra desenvólvese de luns a domingo, de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 20.30 horas (652 328 194).

No programa figura un de serigrafía, con Estudo Estamapa, de mércores a venres, de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00, e os sábados, de 11.00 a 14.00 horas (640 264 588).

Finalmente, recupérase o obradoiro de cantería con Punteiradas Viladepedra de luns a sábado, de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 horas (678 990 683).