Skip to main content
Ribadeo

Plantan árbores na zona do Cargadoiro de Ribadeo

Por 11 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello planta novas árbores na zona do Cargadoiro. Trátase de acivros e de metrosideros, segundo anunciou este mediodía o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije.

O edil explicou que “nestes días estamos a iniciar uns traballos de plantación de novas árbores na zona do Cargadoiro e do parque de San Miguel. E ao mesmo tempo estamos aproveitando para sanear este espazo verde porque, debido a razóns sanitarias e de seguridade, hai varias árbores e arbustos que deben ser substituídos. Concretamente hai un piñeiro que presenta problemas de procesionaria, que pode supoñer un risco para as pícaras e os pícaros que xogan no parque infantil do Cargadoiro. E tamén hai varios arbustos que presentan problemas de saúde derivados da condición de exposición á  salinidade e aos ventos da zona”.

Díaz Freije engadiu que “para substituír estas árbores danadas proxectamos plantar varios exemplares de especies máis resistentes como son os metrosideros e os acivros e que virán a completar e a mellorar o axardinamento da zona do Cargadoiro”.