Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo gaña o concurso de Adamo O pobo máis amado

Por 12 Marzo, 2021Sin comentarios

‘O pobo máis amado’, o concurso convocado por Adamo o pasado decembro para lembrar e destacar as virtudes das formas de vida que se desenvolven no mundo rural, xa ten gañador. Nunha apertada fase final, Ribadeo álzase co título honorífico da poboación máis querida por diante de Cintruénigo (Navarra), El Puente del Arzobispo (Toledo), Maçanet da Selva (Xirona) e Ullastrell (Barcelona).

Así, ademais de ser ‘a poboación máis amada’, Ribadeo será tamén a mellor conectada a través do sinal da internet máis rápida que existe hoxe no mercado (1.000 Mbps), que Adamo xa proporciona en 700 municipios a través dos seus 10.000 quilómetros de rede propia. En concreto, os veciños da localidade lucense poderán acceder a paquetes de fibra óptica por tan só 1 euro ao mes durante un trimestre, así como o Concello de Ribadeo terá un ano gratis de conexión a Internet. Para facilitar ese despregamento, Adamo achegará 3.000 euros ao seu distribuidor oficial no municipio. Pero tamén os habitantes dos outros catro finalistas poden beneficiarse desta oferta especial, que permanecerá dispoñible para eles ata o próximo 31 de maio.

Así mesmo, cabe subliñar que Jesús Calleja, o popular presentador de televisión, colaborou na procura deste municipio tan especial. Para mostrar este respaldo, o tamén embaixador de Adamo visitará Ribadeo e será recibido polo alcalde, Fernando Suárez. A iso engádese o vídeo de felicitación que gravou Jesús Calleja para comunicar a noticia aos ribadenses.

O colaborador local de Adamo en Ribadeo

É preciso destacar igualmente que miles de veciños dos pobos concursantes participaron de forma desinteresada -por agarimo ao seu municipio natal, de residencia ou da súa preferencia- en publicitar o certame e en animar ao voto. No caso do gañador de O pobo máis amado, trátase de Juan José Arnoso, un namorado de Ribadeo que destaca “o carácter acolledor dos ribadenses, así como que o concello é un exemplo en beleza, no ámbito da cultura e referencia en Galicia, e, na parte que lle toca, en Asturias”. Este colaborador local subliñou a importancia da fibra óptica como elemento para “romper a fenda dixital; necesitamos rompela, non só polo aspecto laboral, senón para haxa un avance tecnolóxico e, por exemplo, os nenos poidan estudar e aprender telemáticamente”, agrega no citado vídeo.

Con todo, o certame organizado por Adamo para poñer en valor a vida rural ha resultado un éxito, xa que foron presentadas ata 1.163 candidaturas a través dunhas votacións en liña que concluíron o pasado 14 de febreiro.