Skip to main content
Trabada

Repoboan con castiñeiros a área da Belosiña en Trabada

Por 31 Marzo, 2021Sin comentarios

A alcaldesa de Trabada e o concelleiro Deportes supervisan as obras que se levaron a cabo na área da Belosiña coa finalidade de recuperar o patrimonio natural do Concello.

Con esta actuación, elimináronse nesta Fraga varios exemplares de eucaliptos, acacias e pinos e repoboaron con castiñeiros coa finalidade de preservarla.

Así mesmo, colocaron seis paneis informativos, tres nesta Fraga e outros tres na Área de A Choza de Ría de Abres, coa caracterización ZEC Río Eo e da paraxe natural Fraga da Belosiña e A Choza. Nos indicadores tamén se sinala que hai fauna bioindicadora grazas a cal esta paraxe natural se atopa na Rede Natura 2000, coas súas características máis salientables. Tamén figura que a zona conta con flora bioindicadora grazas a cal o paraxe natural.

Para elo, solicitaron unha axuda á Xunta de 24.118,32 e recibiron unha achega de 19.932,50.