Skip to main content
Axenda Caducada

As Pontes contará este sábado cos tangos de Malavaje

Por 26 Marzo, 2021Sin comentarios

O Auditorio Municipal Casa Cine Alovi das Pontes acolle este sábado, 27 de marzo, ás 19:00 horas, a actuación de Malevaje, dirixido a público adulto.

Malevaje, naceu á sombra dun local madrileño nos anos 80 en plena movida madrileña, onde Antonio Bartrina, alma carismática do grupo, entoaba melodías tanqueras con estraña paixón. Nos seus 33 anos sobre os escenarios, e máis de 12 discos publicados, o grupo defendeu a inmortalidade do tango, modernizando as súas composicións en busca dunha maneira propia de cantar os sentimentos de sempre pero sen esquecer o respecto absoluto ás raíces do xénero.

Agora inicia a súa nova xira Malevaje Ano 33 onde presentan o novo disco Malevaje 30 anos de tangos.

As entradas está á venda a 5 euros en www.tickentradas.com anticipadas ou no teléfono 902 750 754. A venda en taquilla será o sábado 27 de marzo, a partir das 17:30 horas.