Skip to main content
Axenda Caducada

As candidatas dos Mestre Mateo proxectaranse en Chantada en maio

Por 31 Marzo, 2021Abril 9th, 2021Sin comentarios

Un ciclo de proxeccións audiovisuais levará os filmes finalistas ao Premio Mestre Mateo a Foz, Vilalba e Chantada. As tres localidades acollerán nas vindeiras semanas os pases de Ons, de Alfonso Zarauza; A illa das mentiras, de Paula Cons; Arima, de Jaione Camborda, e Lúa Vermella, de Lois Patiño, candidatas ao galardón na categoría de Mellor Longametraxe.

Esta iniciativa levouse a cabo entre a Deputación provincial, a Academia Galega do Audiovisual, o Iescha, e Airoá Comunicación, que xestionarán as proxeccións en Vilalba e Chantada, respectivamente.

O ciclo de proxeccións arranca a vindeira semana en Foz con pases, do 6 ao 9 de abril, ás 20.00 horas na Casa da Cultura.

  • 6 de abril – Lúa Vermella
  • 7 de abril – Arima
  • 8 de abril – A illa das mentiras
  • 9 de abril – Ons

A entrada será gratuíta pero con reserva previa, para cumprir coas limitacións de capacidade e garantías sanitarias. As persoas que queiran asistir teñen que anotarse a través do teléfono 982133037.

Nos vindeiros días concretaranse as proxeccións en Vilalba e Chantada, prevista para o mes de maio.